Netgear lanza unha nova solución de conectividade que combina Wi-Fi N e PLC

luns, 20 de setembro do 2010 Marcus Fernández

A distribución da conexión á Internet a través de Wi-Fi en domicilios de grande tamaño, con varios andares ou, simplemente, con zonas cunha cobertura reducida poderá mellorarse grazas ao novo Kit de Ampliación Powerline AV 200 Wireless N (con referencia XAVNB2001) que crea un punto de acceso sen fíos alí onde se enchufe a corrente, aproveitando a rede eléctrica do fogar para transmitir a conexión á Rede dende un emisor que conectemos a unha das tomas Ethernet do noso router.
Esta nova solución é capaz de transmitir datos por PLC a unha velocidade de ata 200 Mbps (polo que sería máis que suficiente para achegar contidos en alta definición) que converteríase no seu punto final nunha rede Wi-Fi N, tamén de grande velocidade, cun proceso de instalación rápido e sinxelo, no que non é preciso software adicional.
O novo kit de Netgear estará á venda en España por 192,63 euros.

O novo kit de Netgear facilita a distribución da conexión á Internet no fogar

PUBLICIDADE