Netflix tomará medidas contra as contas compartidas en España
mércores, 8 de febreiro do 2023
Netflix
leva meses anunciando aos seus accionistas que Ãa tomar medidas contra os máis
de 100 millóns de fogares que comparten as contas da plataforma de streaming, realizando
probas das medidas para mitigar a situación en Chile, Costa Rica e Perú. Pero
agora a cousa ponse seria, e comezan a limitar
compartir contas en Canadá, Nova Zelandia, Portugal e España.
A compañÃa asegura que o que están a facer é dar un maior control das contas
aos usuarios, insistindo en que as subscricións de Netflix están enfocadas a
persoas que viven baixo o mesmo teito (cando durante os últimos anos eran eles
mesmos os que promovÃan compartir conta).
Baixo este novo escenario Netflix vai permitir que os usuarios poidan
configurar cal é a súa localización principal; facilita que os subscritores
poidan controlar quen accede á súa conta; ten dende hai uns meses unha ferramenta
para que os usuarios poidan segregar o seu perfil a unha subscrición
independente; seguen a permitir o uso de Netflix cando se estea de viaxe; pero
finalmente incorporan aos plans Estándar e Premium a posibilidade de engadir subcontas
para 2 persoas como máximo coas que non se conviva, que terÃan nome de usuario
e contrasinal de seu, a un custo adicional de 5,99 euros/mes por persoa.
Deste xeito, temos que compartir unha conta Premium con 2 persoas máis, que até
o momento custaba 17,99 euros/mes, pasarÃa a custar 29,97 euros, o que
claramente levará a moitos a repensar se mantén a súa subscrición a Netflix.
AÃnda que a opción de comprar un pase de subscritor extra xa está dispoñible no
panel de control de Netflix, queda por ver como serán as medidas que tomará a
plataforma contra os usuarios que comparten contas actualmente, pois se son
bastante laxas poderÃa evitar baixas masivas.
Que a compañÃa de Reed Hastings estea a realizar as probas en paÃses moi
concretos distintos de EE.UU. son unha clara precaución coa que buscan comprobar
o terreo antes de correr o risco de perder clientes no seu mercado principal.
- Os pases para engadir usuarios adicionais por 5,99 euros/mes cada un só están dispoñibles nos plans Estándar e Premium