Netflix sube de prezo en España

luns, 11 de outubro do 2021 Marcus Fernández

A competencia entre as plataformas de vídeo baixo demanda é bastante curiosa, pois mentres HBO transfórmase en HBO Max incrementando contidos pero mantendo o prezo, dende Netflix ousan aplicar unha nova suba de prezos na meirande parte dos seus plans. Aínda que o plan básico, con contidos en definición estándar e para unha única pantalla simultánea, queda en 7,99 euros/mes; o plan estándar, con contidos en Full HD para até 2 pantallas simultáneas, pasa de 11,99 euros a 12,99 euros; o plan premium, para até 4 pantallas simultáneas en 4K pasa de 15,99 a 17,99 euros.
Este incremento de prezos non supón melloras para os usuarios, lembrando ao acontecido en 2019 e 2017, polo que en 4 anos a suba de prezos estaría próxima ao 40% para o plan estándar e ao 50% para o plan premium, en contraste ao que acontece co resto de plataformas de subscrición, que non ousan superar a barreira psicolóxica dos 9,99 euros/mes.
A suba de prezos aplícase dende hoxe a novos subscritores, e para os subscritores actuais acontecerá no seu vindeiro ciclo de facturación.

PUBLICIDADE