Netflix estrea a súa primeira serie en lingua galega

venres, 29 de marzo do 2019 Marcus Fernández

A plataforma de vídeo baixo demanda Netflix, presente en máis de 2 millóns de fogares españois, conta no seu catálogo con numerosa presenza galega, ofrecendo éxitos como Fariña e a actores como Pedro Alonso, que con La Casa de Papel conseguiu sona mundial, pero na xornada de hoxe ten unha estrea moi especial, a serie O Sabor das Margaridas, que destaca especialmente por ofrecerse na súa versión orixinal en galego, así como na súa versión dobrada ao español, de xeito que despéxase a dúbida de se Netflix tería en conta a súa lingua dentro do seu catálogo.
O Sabor das Margaridas é unha produción de CTV, Comarex e a TVG que recibiu hai pouco o Premio Mestre Mateo á Mellor Serie de Televisión, e que agora transcende fronteiras ao chegar a un público global a través de Netflix. A serie, cun total de 6 capítulos, está protagonizada por María Mera, Toni Salgado e Miquel Insua, e narra a investigación da Garda Civil dunha desaparición nunha pequena vila galega, que remata converténdose nun complexo caso no que a prostitución e os asasinatos tecen unha historia cun desenlace inesperado.

A serie galega está agora dispoñible para os mercados internacionais tanto en español como en versión orixinal en galego

PUBLICIDADE