NetLab celebrará a súa terceira edición en Lugo

luns, 24 de abril do 2017 Marcus Fernández

O encontro práctico de profesionais locais do marketing en liña, a comunicación e as redes sociais coñecido como NetLab chegará o vindeiro 13 de maio á súa terceira edición, que celebrarase en La Ferretería de Lugo, onde naceran estas xornadas que na súa segunda edición trasladáranse ao novo espazo de coworking Accede Papagaio na Coruña.
NetLab é unha iniciativa conxunta de estati.co, Carmen Porteiro e APM Social e busca fomentar o ecosistema galego da comunicación dixital, e desta volta contará con 5 relatores que compartirán o seu coñecemento e que rematarán a xornada participando nunha mesa redonda moderada por Verónica Ramallal. Os interesados en acudir xa poden adquirir o seu billete a través da Internet a un prezo de 10 euros (rematando a inscrición o vindeiro 7 de maio).
A xornada transcorrerá seguindo o programa que detallamos a continuación:
- 9:30 – Recepción e acreditacións
- 9:55 – Apertura a cargo de Mauricio Repetto, presidente de AJE Lugo
- 10:00 – Mar Castro: Empatía, claves para conectar na Rede
- 10:25 – Óscar Pásaro: Introdución á xestión con CRM, métricas de marketing
- 10:50 – Fernando Tellado: presentación de WPMagazine
- 11:10 – Networking
- 11:30 – Martín Gómez: Ti, a túa web e os rusos
- 11:55 – Cecilia Fernández: Pon un influencer na túa vida... ou non!
- 12:30 – Mesa redonda moderada por Verónica Ramallal
- 14:00 – Peche

PUBLICIDADE