Need For Speed: The Run estrea versión de demostración
mércores, 19 de outubro do 2011
O 17 de novembro vai chegar ás tendas o xogo Need For Speed: The Run¸
xogo de condución de Electronic Arts que onte
estreou versión de demostración para Xbox 360 (en primicia para usuarios
Gold de Xbox LIVE) e hoxe
fai o propio coa PlayStation 3, e que permiten probar un Lamborghini
Gallardo LP550-2 Valentino Balboni (asà como desbloquear un Porsche Carrera S
se convidamos a un amigo a xogar con nós a esta demo) en 2 pistas: Desert Hill e Indepence Pass.
- Christina Hendricks e Sean Farris interpretan aos protagonistas do xogo
Este anticipo só pretende animar aos xogadores a facerse co tÃtulo completo,
que non só chegará para Xbox 360 e PlayStation 3, senón que tamén terá versións
para PC, Wii e Nintendo 3DS, e que contará cos actores Sean
Farris (protagonista de Crónicas
VampÃricas) e Christina Hendricks (da serie Mad Men) interpretando os papeis protagonistas desta aventura
virtual grazas á tecnoloxÃa de captura de movemento que os trasladou ás consolas
de videoxogos; pero non serán as únicas figuras famosas en facer acto de
presenza, pois as
modelos Chrissy Teigen e Irina Shayk tamén poderán exercer de rivais nas
carreiras de coches que centrarán boa parte da acción de Need For Speed: The Run.
O xogo tamén contará coa función de Autolog, o que permitirá que os amigos do
xogador poidan seguir os seus progresos, instándoos a superar as súas marcas ou
a competir contra el, elemento xa presente noutras entregas da saga con grande
éxito.
As modelos Chrissy Teigen e Irina Shayk estarán presentes como rivais no novo xogo de EA