Navegadores GPS de Sanyo con almacenamento SSD

martes, 26 de maio do 2009 Marcus Fernández

Sanyo presentou 2 novos navegadores GPS, o Gorilla NVA-GS1609FT e o Gorilla NVA-GS1409DT, que contan cunha pantalla táctil de 7 polgadas cunha resolución de 480 x 240 píxeles, presentan unha interface na que representa os edificios en 3D e sorprende especialmente por utilizar para almacenar os seus datos unidades SSD de 16 e 8 Gb respectivamente.
Aparte, tamén integra reprodutor de DVD, funcionalidade de extracción de música dende CD, radio FM, reprodución de música dende tarxetas SD e incluso sintonización de televisión (aínda que polo momento só compatible cun estándar nipón).
Polo momento non se coñece nin o prezo nin a data de lanzamento destes navegadores no mercado europeo.

PUBLICIDADE