Nace unha web galega especializada no deseño de marcas para pequenas empresas
xoves, 6 de setembro do 2012
Se algo se pode sacar de proveito desta etapa de
crise que amarga ata aos máis optimistas, é que fai aflorar a creatividade dos
emprendedores e emprendedoras do paÃs, facendo que xurdan iniciativas ás que
lle hai que sacar o sombreiro, e que noutras condicións se cadra non se darÃan.
Unha delas é, sen ir máis lonxe, a web marcasparapymes.com, que acaba
de estrearse na Rede cun servizo de asesoramento e deseño de identidade corporativa
para pequenas empresas, o cal lle ofrece a oportunidade de obter unha marca con
proxección no mercado, ás firmas que precisan un pequeno empurrón para saÃr
adiante.
A plataforma, desenvolvida aquà en Galicia,
concÃbese como un servizo a empresas e persoas emprendedoras que carecen de
ideas para crear a súa propia marca, ou aquelas que téndoas, non acaban de dar
coa creatividade axeitada para convertela en logotipo de éxito.
AsÃ, marcasparapymes.com, ofrece ata 4 tipos de
asesoramento de distintos prezos e servizos, e en todos eles os profesionais
comprométense a reembolsarlle aos seus clientes o 70% do importe contratado se
o resultado non é satisfactorio.
E todo isto tirando partido das vantaxes de
Internet, é dicir, sen desprazamentos continuos que entorpecen a actividade tanto
do cliente como do profesional que o asesora, e que permite aforrar custes e
pagar o prezo máis xusto.
A intención dos seus creadores é que as persoas
emprendedoras ou con ideas de negocio se decidan a crear as súas proias
empresas, sen que o deseño da identidade corporativa sexa un atranco, senón
unha vantaxe para seren máis competitivos no mercado.