NBA NOW, un novo xogo de baloncesto para Android

mércores, 23 de outubro do 2019 Marcus Fernández

Esta semana Gamevil publicou na tenda de aplicacións de Google Play o xogo NBA NOW: Mobile Basketball, un título que pode coller por sorpresa xa que é un xogo con licenza oficial da NBA (de xeito que amosa equipos e xogadores reais) que atrévese a competir con xogos moi consolidados como os de 2K Games e EA Sports, apostando desta volta polo modelo de negocio free-to-play.
Este novo xogo presenta uns controis sinxelos para un manexo doado e áxil en pantalla táctil, aínda que ao apostar por unha disposición vertical da pantalla a súa xogabilidade resíntese seriamente, facendo que o xogo perda moitos puntos, xa que non amosa unha perspectiva que facilite a localización de todos xogadores para a planificación das xogadas.
NBA NOW presume de contar con estatísticas da NBA actualizadas, e permite gañar premios a diario por predicir os equipos que gañarán na tempada normal da NBA, o que posiblemente é o principal atractivo deste xogo para móbiles. Tamén conta de modo competitivo en liña.

PUBLICIDADE