NBA 2K14 demostra o potencial gráfico das novas consolas de videoxogos

xoves, 17 de outubro do 2013 Marcus Fernández

Hai un par de semana chegou ás tendas de videoxogos a versión para actuais plataformas do xogo NBA 2K14, que podemos considerar o xogo de baloncesto mellor que se fixo nunca, pero que pese ao elevando nivel que presenta, aínda pode ir un paso máis adiante, especialmente no nivel gráfico, o que veñen de demostrar dende 2K Games ao publicar o trailer do que será a versión do xogo para Xbox One e PlayStation 4, che sairá á venda o mesmo día de lanzamento de cadansúa consola de nova xeración.
Aínda que normalmente o salto entre xeracións é notable, o feito de que as consolas actuais xa fosen de alta definición podía dar a entender que o cambio sería pequeno, por los gráficos dos que está a presumir este título, que non podemos esquecer que aínda é un dos primeiros desenvolvementos para estas máquinas, dá a entender que as novas consolas poden achegarnos uns niveis de detalle e realismo que agradecerán moitos xogadores, especialmente en títulos cunha achegamento tan próximo ao mundo real como os xogos deportivos.
Pese á superioridade notable das versións para as novas consolas do xogo non podemos evitar comentar que para as plataformas actuais segue a ser un desenvolvemento tan completo e pulido como de costume, achegando unha magnífica experiencia de baloncesto en consola, que demostra unha vez máis os motivos polos que os competidores de 2K Games (EA Sports) abandonaron a partida ao non ser quen de competir co nivel de calidade que acadou esta franquía.


Trailer da versión de nova xeración de NBA 2K14

ACTUALIZACIÓN (18-10-2013): Podemos ver con máis detalle como será o xogo en acción para Xbox One e PlayStation 4 nun novo vídeo:

PUBLICIDADE