NBA 2K13 chega a dispositivos móbiles

xoves, 4 de outubro do 2012 Marcus Fernández

O xogo precisa para funcionar Android 4.0 ou superior

O grande xogo de baloncesto para consolas de videoxogos NBA 2k13 chegou hoxe a Google Play a un prezo de 7,32 euros, permitindo gozar deste excepcional título deportivo en dispositivos con Android 4.0 ou superior, para o que conta con 2 sistemas de control moi intuitivos: un control clásico e outro pensado para empregar o xogo cun so dedo. Pese a funcionar en dispositivos móbiles o xogo conta con bos gráficos e animacións, unha banda sonora de calidade, unha presentación moi televisiva e actualizacións das informacións dos equipos da NBA durante a presente tempada.
O xogo tanto permite xogar partidos amigables soltos, como competir para levar aos nosos equipo ao máis alto, e incluso conta coa posibilidade de recrear encontros clásicos.
Cómpre destacar que os usuarios de dispositivos móbiles de Apple tamén poden adquirir este título como aplicación universal por 5,99 euros. Esta última versión estrea a posibilidade de desafiar aos amigos no modo multixogador dende o Game Center ou mediante Bluetooth.

A entrega do xogo para iOS é compatible con iPod Touch, iPhone e iPad, e soporta xogo en liña

PUBLICIDADE