N.O.V.A. 3 estréase para móbiles Nokia Lumia
mércores, 12 de xuño do 2013
O xogo de Gameloft N.O.V.A.
3, que achega a dispositivos móbiles un shooter
en primeira persoa cuns gráficos propios dunha consola de videoxogos, comezou
o seu desembarco nas tendas de descargas para Windows Phone 8, aÃnda que
polo momento, en exclusiva para terminais de Nokia, que neste momento poden
descargar este impresionante tÃtulo de balde (para o que deben
configurar o seu dispositivo para algunha das tendas internacionais nas que
está dispoñible, como a da India) o que supón unha boa oportunidade para os
que teñan un terminal con 1 Gb de RAM e moito espazo de disco libre (o xogo
ocupa máis de 1 Gb).
N.O.V.A. 3 sitúanos nunha historia
épica na que loitar pola salvación da humanidade por diferentes escenarios
(dende unha Terra arrasada ata unha cidade volterite conxelada). Poderemos
gozar de 10 niveis diferentes, empregar multitude de armas e poderes (correr,
disparar, conducir vehÃculos e pilotar mecas), unirse a batallas de 12
xogadores en 7 modos (captura a zona, Free-for-All, captura a bandeira...) en 7
mapas distintos... e incluso facilita que múltiples aliados poidan compartir
vehÃculos no campo de batalla. Un grande xogo con voces en inglés e textos en
español que é de agardar que cando chegue para o público xeral teña un prezo de
6,49 euros.
O xogo para Windows Phone 8 visto en vÃdeo
ACTUALIZACIÓN (13-6-2013): O xogo xa non está dispoñible de balde, podende adquirirse por 6,49 euros.