N.O.V.A. 3 estréase como o shooter de referencia para iOS
xoves, 10 de maio do 2012
Gameloft estrea hoxe na App Store unha nova entrega da saga Near Orbit Vanguard Alliance, N.O.V.A.
3, que por 5,49 euros chega como aplicación universal para iPhone e
iPad, e que destaca polos seus excelentes gráficos (grazas ao uso do Unreal
Engine) e un frenético modo multi xogador. Tamén supón un importante cambio de
orientación desta franquÃa, de xeito que aÃnda que resultaba evidente a
inspiración das súas dúas primeiras entregas estaba na saga Halo, esta nova parece beber de Crysis 2, o que agradecerá que desexe
gozar dun xogo de tal corte nun dispositivo móbil.
O xogo conta cunha trama épica repartida en 10 niveis de grande realismo,
numerosos poderes e armas, batallas de 12 xogadores en 6 modos de xogo (capturar
a zona, todos contra todos, capturar a bandeira...) en 6 mapas diferentes, os
aliados poderán compartir vehÃculo e os elementos do campo de batalla poderán
destruÃrse.
Un excelente tÃtulo para os usuarios que queiran gozar dun FPS no seu
dispositivo móbil, e que destaca especialmente no iPad, onde o seu nivel
gráfico afástase bastante ao que estamos afeitos nun tablet.
Trailer do xogo
- O xogo chega o iPad cun gráficos espectaculares grazas ao uso do Unreal Engine