Music Sofa: música e deseño (?) nun único dispositivo
xoves, 29 de marzo do 2007
Como directamente saÃdo dunha pelÃcula do axente 007 (ou máis ben do ridÃculo Austin Powers), chega ós nosos fogares (dende logo non ó meu) o Music Sofa, un sillón para unha soa persoa que incorpora altofalantes en ambos flancos e que permite reproducir CDs de música directamente sen necesidade doutro dispositivo a maiores. Outra das caracterÃsticas máis salientables deste asento inspirado nos anos 70 da era espacial é que pode conectarse a calquera fonte de son, como cadeas de música ou MP3 e empregarse este como saÃda.
E por se isto non fose pouco, e para compensar (supoño) pola incomodidade que debe resultar deste hÃbrido de sofá resultante dunha fundición dun moble cun equipo de alta tecnoloxÃa, os fabricantes tamén incorporan funcionalidade sen fÃos, para escoitar as cancións procedentes dende calquera punto do cuarto.
Se ben é certo que o sofá musical deseñado por GiongKun Wugiongkun desafÃa a norma coas súas liñas curvas e un (in) cómodo coxÃn interior, nós quedámonos cos auriculares de toda a vida e cun asento acolchado (ou con calquera descampado nun dÃa de sol) na máis absoluta discreción. Iso si: polo de agora non se porá á venta, co que os que Ãan facer reformas no salón para afacelo ós novos tempos terán que agardar aÃnda unha tempada.