Mundos Digitales xuntou preto de dous mil asistentes ao redor da creación dixital
luns, 7 de xullo do 2025
A Coruña volveu converterse no epicentro mundial da animación, os efectos visuais e a innovación dixital coa celebración da vixésimo terceira edición de Mundos Digitales. O congreso, que tivo lugar no PALEXCO entre o 3 e o 5 de xullo, reuniu uns 1.800 asistentes procedentes de todo o mundo e máis de 70 relatores de prestixio internacional, entre eles figuras como Matthew Shumway (responsable da animación da nova Lilo & Stitch en acción real) e Tim Miller (director de Deadpool e a aclamada serie Love, Death + Robots). Este último recibiu o Premio Especial Mundos Digitales 2025 e encargouse de clausurar o evento cunha intervención na que repasou a súa traxectoria e reflexionou sobre o futuro incerto do medio audiovisual.
Ao longo de tres intensas xornadas desenvolvéronse conferencias maxistrais, mesas redondas e demostracións técnicas sobre temas como a animación 3D, a produción virtual ou os desafÃos éticos da intelixencia artificial, que tivo un protagonismo transversal nesta edición. De feito, aproveitouse o evento para dar conta da materialización da idea de AI Assemble nunha asociación que busca abordar o impacto da IA no sector creación dixital, asà como tamén se celebraron os primeiros grupos de traballo desta iniciativa.
Encargáronse de introducir aos presente no traballo de AI Assemble tres dos membros da súa xunta directiva: Carlos F. de Vigo (vicepresidente), Alba Meijide (secretaria xeral) e Francisco Menéndez (vogal).
Cómpre salientar que na directiva de AI Assemble tamén figura Fernando Suárez, presidente do Consello Xeral de Colexios Profesionais de EnxeñarÃa en Informática (CCII).
Outro dos puntos fortes foi a feira de emprego, moi concorrida, con numerosas de empresas que espertaron o interese de numerosos estudantes e profesionais.
O colofón púxoo a gala de entrega de premios do Festival Internacional de Animación Mundos Digitales, na que o xurado (formado por Lorena Ares, Rafael Catalán, Bill Kopp e VÃctor Lamadrid) recoñeceu a produción francesa Sublime como mellor curta, mentres que PacMan Circle (episodio 6 da serie Secret Level) triunfou co premio á mellor curta nacional e o galardón do público. A curtametraxe Baile con la Muerte tamén foi distinguida pola súa proposta estética e narrativa.

- O episodio de Secret Level inspirado en Pac-Man foi recoñecido como a mellor curta nacional
