Mundos Digitales organiza un evento para amosar a achega española á serie Secret Level
luns, 13 de xaneiro do 2025
En paralelo ao congreso celebrado na Coruña no mes de xullo, Mundos Digitales organiza un evento único para destacar a contribución de Illusorium Studios á serie antolóxica Secret Level de Prime Video e dirixida aos amantes dos videoxogos e a animación adulta.
O evento terá lugar o vindeiro xoves 16 de xaneiro no Auditorio Caja de Música do Palacio de Cibeles de Madrid, estará presentado por Pablo GrandÃo (fundador de Vandal.net) e será unha oportunidade para coñecer os segredos detrás da animación dos tres episodios realizados por Illusorium, nun formato que inclúe presentacións e charlas temáticas cos principais artistas e supervisores do proxecto.
O encontro contará coa participación do máximo responsable de Illusorium, Raúl Rocha, quen explicará o reto que supuxo para o estudio desenvolver o proxecto; os directores de arte do estudio guiarán aos asistentes nunha exploración artÃstica do proxecto de transformar os icónicos pÃxeles dos videoxogos en emocionantes episodios animados; e completarán a cita reflexións sobre como o equipo de produción mantivo o control nun proxecto desta magnitude.