Mozilla merca Pocket

martes, 28 de febreiro do 2017 Marcus Fernández

A corporación Mozilla anunciou que completou a adquisición de Read It Later, Inc., compañía que lanzará o servizo de marcadores en liña Read It Later que en 2012 transformouse en Pocket (pasando a ser de balde) consolidándose como un dos grandes referentes deste tipo de solucións para facilitar a organización de contidos de interese para unha lectura pausada.
Esta operación sería a primeira compra estratéxica de Mozilla, que coa compra de Pocket busca mellorar a súa presenza móbil e achegar á xente de todo o mundo potentes ferramentas para descubrir e acceder a contidos de alta calidade na web, non seus termos, con independencia de plataformas e provedores de contidos.
Deste xeito Pocket convértese nun produto máis de Mozilla, como xa é Firefox, enfocados ambos á web, aínda que mediante aproximacións moi diferentes, considerando o director xeral de Mozilla, Chris Beard, que Pocket resulta de grande utilidade «contra a vaga de centralización e xardíns valados» ao achegar ferramentas para conectar e compartir contido co control no lado do usuario.
Actualmente Pocket ten 10 millóns de usuarios activos ao mes en iOS, Android e vía web, con máis de 3.000 millóns de contidos gardados ata o momento, podendo resultar de grande utilidade para Mozilla como un sistema de recomendación de contidos baseado en persoas.