Mozilla anuncia o peche de Pocket
xoves, 22 de maio do 2025
Durante anos a aplicación móbil Read It Later foi todo un referente ao facilitar aos usuarios o gardado de contidos de interese atopados na web para a súa lectura pausada posterior, coa vantaxe de ser unha solución multiplataforma, de xeito que os contidos que localizados na web podÃan consumirse no móbil e viceversa.
AÃnda que esta solución era de pagamento, no ano 2012 decidiu transformarse nun servizo freemium, ou sexa, que a meirande parte das súas funcionalidades estaban accesibles completamente de balde, e acompañando esta transformación decidiron tamén mudar de nome a Pocket.
Este servizo de marcadores en liña foi adquirido por Mozilla en 2017, e o que parecÃa unha magnÃfica nova para o futuro deste servizo con millóns de usuarios de todo o mundo rematou converténdose na súa condena, xa que Mozilla está a pasar por momentos complicados, polo que decidiron centrar os seus esforzos no navegador web Firefox, anunciando que Pocket botará o peche o vindeiro 8 de xullo.
Este anuncio chega despois de varios meses con Pocket presentando serios problemas de rendemento, o que poderÃa ser un anticipo de que xa non estaba a recibir os recursos que precisaba, e co anuncio de hoxe eliminan a posibilidade de descargar a aplicación de Pocket, deixan claro que o servizo deixará de operar en xullo, e permitirá que os usuarios poidan exportar os seus marcadores ata o 8 de outubro, data tras a que eliminará definitivamente todos os datos do servizo.