Movistar+ fai saber que incorporará subtítulos en galego nas súas películas

luns, 18 de xuño do 2018 Redacción

A operadora Movistar vén de achegar unha boa nova para a comunidade galega de usuarias e usuarios da plataforma de televisión dixital Movistar+, responsábel de boa parte das series españolas actuais e filmes de meirande éxito. Máis polo miúdo, a empresa informou publicamente, a través da súa conta en Twitter, que está a traballar poder incorporar o galego nos subtítulos dos filmes que emite plataforma.
Como lembraremos, esta incorporación era xa unha antiga petición por parte da comunidade de persoas usuarias e de entidades como a Mesa pola Normalización Lingüística. De feito, en 2017 resulto ser unha das demandas sociais máis relevantes das canalizadas polo servizo Liña do Galego, posto en marcha polo Mesa. O presidente da entidade, Marcos Maceira, amosou a súa satisfacción polo anuncio de Movistar+ xa que, segundo dixo, “incorporar os subtítulos en galego supón que as galegas e os galegos terán a posibilidade de escoller a súa lingua propia”. Maceira tamén lembrou que Movistar ofrece os subtítulos das películas en todas as linguas oficiais agás en galego.

PUBLICIDADE