Movistar estrea un servizo que dota de fibra todos os recunchos do fogar
venres, 1 de decembro do 2023
Movistar anuncia
hoxe o lanzamento dun produto que vai revolucionar o mercado: Fibra FTTR Movistar.
Trátase da solución definitiva para gozar de cobertura total en calquera recanto
da casa grazas á instalación dun cable fino, practicamente invisible, sen
precisar de obras, ao longo de todas as estancias, evitando así os problemas de
cobertura e estabilidade de redes sen fíos.
Actualmente o servizo Fibra FTTR Movisar está dispoñible para clientes de
miMovistar ou Fusión residentes en Madrid ou Barcelona, aínda que estenderase
ao resto da xeografía en breve, ten unha cota de alta de 120 euros (incluíndo
router Wi-Fi 6, kit principal FTTR e a despregadura da fibra polo fogar) e unha
cota mensual de 9,90 euros. No caso de darse de baixa do servizo antes de 24
meses haberá que pagar unha penalización de 100 euros (así como devolver o
equipamento asociado).
Non estamos ante un servizo que vaia ter unha grande demanda, senón que estaría
especialmente orientado a casas grandes, con varios andares ou habitacións
afastadas, que teñen problemas de cobertura con redes Wi-Fi (en moitas ocasións
pola presenza de cristais ou paredes grosas) e non queren realizar obras para
unha canalización de cable ordinaria nin encher o fogar de nodos dunha Wi-Fi
Mesh.
Vídeo promocional do servizo Fibra FTTR Movistar