Movistar estende a súa fibra óptica en Pontedeume
mércores, 30 de novembro do 2022
A
operadora
Movistar fixo balance dos seus traballos recentes en Pontedeume e
das súas previsións de cobertura en materia de Internet
ultrarrápida. Segundo fixo saber a compañía, esta despregou a súa
Fibra Óptica até o Hogar (FTTH polas súas siglas en inglés) no
núcleo de poboación de Ver, en Pontedeume, o que permitiu que 195
unidades inmobiliarias dispoñan desta avanzada infraestrutura de
comunicación. A conexión destas novas unidades inmobiliarias supón
ter cubertas máis do 75% de todas as vivendas do municipio, explicou
Movistar no seu balance.
A
operadora engadiu que grazas a estes traballos “os fogares
conectados poden gozar xa da fibra óptica de Movistar, que ofrece
voz con alta calidade nas chamadas e máxima velocidade de conexión
a Internet en varios dispositivos (computador, tableta, móbil…) de
forma simultánea e sen reducir a velocidade de conexión, entre
outras vantaxes”. Ademais, engadiu, “se o usuario dispón de
MovistarPlus terá acceso a canles de alta definición e poderá
gozar dos seus contidos mentres navega por Internet, ademais de
conseguir a máxima velocidade e resposta nos xogos en rede”.