Motorola presenta un accesorio para evitar que perdamos o móbil ou as chaves
mércores, 19 de novembro do 2014
Motorola
está a comezar a comercialización dun accesorio que busca axudar a solucionar
un problema cotián, como pode ser o non atopar o móbil ou as chaves, e para iso
teremos o Motorola
Keylink, un pequeno dispositivo que podemos levar a xeito de chaveiro, que
comunÃcase sen fÃos co smartphone a unha distancia de até 30 metros e, grazas á
aplicación Motorola Connect (dispoñible
en Google Play e na App
Store), o que permite que dende o chaveiro poidamos facer que o teléfono
emita un son para facilitar a súa localización e viceversa.
Amais, nos
smartphones con Android 5.0 tamén pode aproveitarse o Motorola Keylink como un
identificador do usuario do móbil, de xeito que, se as chaves están preto
do teléfono, o terminal prescindirá da necesidade de introducir un contrasinal
para poder desbloquear o terminal.
O accesorio sae inicialmente á venda nos EE.UU. a un prezo de 24,99 dólares e
entre as súas vantaxes figura a súa autonomÃa, xa que pode operar até un ano
enteiro cunha simple baterÃa de botón estándar, o que elimina a preocupación de
ter que andar recargando a baterÃa cada pouco tempo.
- O Keylink pode empregarse como chaveiro para facilitar a localización do móbil e das chaves