Motorola presenta o novo Moto G xunto con 2 novos Moto X
martes, 28 de xullo do 2015
Tras a filtración
da meirande parte de detalles relativos ao novo Moto G, poucas eran as
novidades que hoxe podÃa presentar Motorola, pero finalmente non
só renovou o Moto G, senón que tamén presentou dúas novas versión do Moto X,
conseguindo colocar unha oferta de smartphones que atenden a un amplo abano de
necesidades, que irÃan dende o teléfono de gama media de referencia até os
terminais con esixentes cámaras e coidados materiais.
Motorola presenta asà varios smartphones con numerosas personalizacións,
multiplicando as opcións para o usuario, adaptándose asà á percepción do
usuario, que ve o seu teléfono como un dispositivo moi persoal, que ten que
encaixar co seu estilo.
VÃdeo coa presentación de hoxe
O Moto G de terceira xeración
O novo Moto
G continúa na liña dos seus predecesores, pero mellorando a súa resistencia
(agora ten certificación IPX7 contra a auga) que, xunto coa pantalla con
Corning Gorilla Glass fai que estea preparado para o dÃa a dÃa. Tamén avanzou
na mesma liña que a segunda versión, de xeito que volve a mellorar a súa
cámara, incluÃndo agora unha cámara traseira de 13 MpÃxeles. E todo isto mantendo
unha baterÃa capaz de aguantar todo o dÃa.
Debullando as especificacións atopamos unha pantalla de 5 polgadas cunha
resolución de 1.280 x 720 pÃxeles, procesador Qualcomm Snapdragon 410 de catro
núcleos a 1,4 GHz con gráfica Adreno 306, 1 GB de RAM e 8 GB de almacenamento
interno ou 2 GB de RAM e 16 GB de almacenamento interno (ambos ampliables
mediante tarxetas microSD de até 32 GB), cámara traseira de 13 MpÃxeles, con
HDR, cámara lenta e flash dual LED, cámara frontal de 5 MpÃxeles, LTE, Wi-Fi N,
Bluetooth 4.0, sistema operativo Android 5.1.1, un grosor de 6,1-11,6
milÃmetros, un peso de 155 gramos e modelos en cor branca ou negra que poden
completarse con fundas de cores variadas e rechamantes.
VÃdeo promocional do novo Moto G
Moto X Play
O Moto X Play
chega nun tamaño máis xeneroso (a súa pantalla é de 5,5 polgadas), tamén é
resistente á auga, e presume dunha autonomÃa que chegarÃa até as 48 horas. O seu
punto forte serÃa a súa cámara de 21 MpÃxeles e serÃa un terminal que xa porÃa
un pé na gama alta, pero contendo as súas prestacións para non disparar o seu
prezo.
Este novo teléfono con pantalla Full HD de 5,5 polgadas ten un procesador
Qualcomm Snapdragon 615 de 8 núcleos a 1,7 GHz e gráfica Adreno 405, 2 GB de
RAM, 16/32 GB de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas microSD de
até 128 GB), cámara traseira de 21 MpÃxeles con flash de dobre LED, cámara
lenta e HDR automático, cámara frontal de 5 MpÃxeles, LTE, Wi-Fi N, Bluetooth
4.0, NFC, protección repelente da auga, Android 5.1.1, baterÃa de 3.630 mAh, un
grosor de 8,9-10,9 milÃmetros, un peso de 169 gramos e versións en branco e
negro con 14 carcasas traseiras distintas dispoñibles e 7 cores de acento.
VÃdeo promocional do Moto X Play
Moto X Style/Moto X Pure Edition
Co Moto X Style, que nos EE.UU. responde ao nome de Moto X Pure
Edition, levarÃa a súa pantalla até as 5,7 polgadas e tamén presume de
sistema de carga rápida que permÃtelle funcionar durante 10 horas con só 15
minutos de carga.
Esta versión potenciada do Moto X non só mellorarÃa a súa pantalla (agora cunha
resolución de 2.560 x 1.440 pÃxeles nun panel de 5,7 polgadas), senón que podiamos
dicir que se trata dunha entrada decidida na gama alta, mantendo un prezo
contido, xa que este terminal tamén inclúe un procesador Qualcomm Snapdragon
808 de 6 núcleos a 1,8 GHz con gráfica Adreno 418, 3 GB de RAM, 16/32/64 GB
(ampliable mediante microSD de 128 GB), Bluetooth 4.1 e Wi-Fi AC, sorprendendo
por empeorar a baterÃa (3.000 mAh, que só darÃa autonomÃa para máis dun dÃa),
incrementar o grosor (6,1-11,06 milÃmetros) e o peso (179 gramos). A nivel de
personalización, tamén conta cunha ampla gama de combinacións de cor, entre as
que non faltan as atractivas traseiras de bambú.
- O Moto X Style estará dispoñible en distintas combinacións de cores