Monter Hunter Frontier terá versión para Xbox 360 no Xapón

martes, 26 de xaneiro do 2010 Marcus Fernández

Monster Hunter Frontier saltará do PC á Xbox 360

Capcom leva uns días asegurando que tiña un anuncio programado para hoxe, e finalmente resolveuse o misterio, coa presentación das datas de lanzamento de varios dos seus xogos, sendo a prato máis forte o anuncio por sorpresa de que o xogo Monster Hunter Frontier (inicialmente dispoñible para PC) vai contar con versión para Xbox 360, iniciándose a súa fase de probas en maio no Xapón, onde os usuarios deberán pagar 1.400 iens (11,10 euros) ao mes para participar neste xogo en liña (o que daría dereito a converter unha conta Silver de Xbox LIVE en Gold) que lanzarase oficialmente no verán, descoñecéndose se chegará a Occidente.
Os outros xogos presentados por Capcom en Tokyo serían Lost Planet 2 (que sairá para PC, Xbox 360 e PS3 o 18 de maio en Europa), Dear Rising 2 (tamén para PC, Xbox 360 e PS3, sen chegar a determinar a data exacta de lanzamento este mesmo ano) e o Super Street Fighter IV (que chegará a Europa o 30 de abril a un prezo menor que Street Fighter IV, para compensar que estanos nunha secuela que algúns poderían entender coma unha expansión).
A xente de Capcom tamén anunciou o lanzamento de Final Fight: Double Impact coma xogo descargable para Xbox LIVE e PlayStation Network, que acompañará a Magic Sword coma título arcade clásico de Capcom a rexurdir nos vindeiros meses.


Trailer de Monster Hunter Frontier

PUBLICIDADE