Monkey Island destaca entre os Xogos con Gold do mes de novembro
luns, 24 de outubro do 2016
Tras un outubro bastante discreto, os Xogos con Gold
mantéñense na mesma liña en novembro, e anuncian hoxe os xogos que recibirán os
subscritores de pagamento de Xbox LIVE o mes que vén, que son practicamente
descoñecidos no caso dos tÃtulos de Xbox One e máis interesantes (aÃnda que sen
ser AAA) no caso de tÃtulos retrocompatibles de Xbox 360.
A partires do primeiro de novembro os usuarios de Xbox LIVE Gold poderán facerse
con Super Dungeon Bros, un xogo de Wired
Production no que os heroes do heavy metal Axl, Freddie e Ozzie teñen que
recorrer distintos alxubes de temática roqueira
para cumprir unha misión dos deuses do rock, ou sexa, un beat’em up de vista superior que adopta unha temática curiosa para
conseguir unha identidade de seu.
A partires do 15 de novembro o xogo que recibirán os usuarios de Xbox One será Murdered: Soul Suspect, un xogo de
Square Enix que podemos definir como de suspense detectivesco cun xiro
sobrenatural, xa que o xogador terá que resolver o seu propio asasinato dende o
alén.
Para Xbox 360 os xogos son máis atractivos, pois na primeira quincena de
novembro teremos Monkey Island: Edición Especial, unha
revisión do clásico de LucasArts que gora conta con gráficos totalmente
redebuxados para poder xogarse de xeito agradable en alta definición. Incluso a
música remasterizouse, de xeito que estamos ante unha moi digna recuperación
dun imprescindible das aventuras gráficas.
Remataremos o mes con Far Cry 3: Blood Dragon para Xbox 360,
unha especie de expansión de Far Cry 3
que non precisa do xogo orixinal para correr, e que opta por un cambio de
ambientación, levando a acción a mundo que parece sacado dun videoclub de
finais dos anos 80, con numerosos tópicos do cine de acción no que hai que
conseguir á moza, matar aos malos e salvar ao mundo. Estaremos ante un
enfrontamento de cyborgs nun futuro nuclear no que incluso haberá mutantes e os
dragóns sanguentos que dan tÃtulo ao
xogo.
VÃdeo de presentación dos Xogos con Gold de novembro