Modern Combat 5: Blackout xa é xogo Xbox free-to-play

martes, 30 de xuño do 2015 Marcus Fernández

Hai preto dun ano Gameloft elevou o listón dos first person shooters para dispositivos móbiles con Modern Combat 5: Blackout¸ xogo con versións para iOS, Android, Windows Phone e Windows 8, que aínda que inicialmente se vendían a 5,99/6,99 euros, non puideron evitar a tendencia de transformarse en free-to-play, e agora dan un importante salto nas súas versións para plataformas de Microsoft ao incorporar o soporte de Xbox LIVE, o que mellora substancialmente as súas posibilidades multi-xogador.
Nesta última actualización o xogo tamén inclúen a posibilidade de curar a aliados e permitir que os compañeiros de equipo reaparezan onde morreron; incorpora un nivel de arma extra e unha nova ametralladora lixeira; engade unha maior personalización con camuflaxe de armas, máscaras, logotipos e firmas de morte; e moitas novidades no multixogador: dous mapas adicionais (Escalada e Tempo), votacións para elixir o seguinte mapa no que combater, permitir a vinganza nas batallas de pelotóns pedindo o desquite, ascender nas ligas multi-xogador individuais e de pelotóns e incluíndo control de zona (captura e defende áreas para obter superioridade en puntuación).
A revisión do xogo xa está dispoñible de balde para Windows Phone 8 e Windows 8.

PUBLICIDADE