Móbil Casio W63CA Exilim con cámara de 8,1 Mpíxeles e pantalla de 3,1 polgadas

luns, 27 de outubro do 2008 Marcus Fernández

JPEG - 104.3 KB

Casio estreou no mercado xaponés un teléfono móbil que resulta doado de confundir con calquera das cámaras compactas da compañía, pois o Casio W63CA Exilim inclúe unha cámara de 8,1 Mpíxeles e unha pantalla OLED de 3,1 polgadas (480 x 800 píxeles) cunhas dimensións de 110 x 50 x 17,4-22 milímetros e un peso de 124 gramos. Na cámara non lle falta grande angular, enfoque automático con 9 puntos de referencia, detección de rostros, anti-vibravión e mesmo un modo de gravación de vídeo pensando en YouTube (consisten en clips de 640 x 480 píxeles a 30 fotogramas por segundo). Emprega tarxetas microSD para ampliar os seus 600 Mbytes de memoria interna.
Con todas estas características parece claro que estamos diante dunha cámara dixital que integra un móbil e non o contrario.

PUBLICIDADE