Mio activa un servizo de alerta de radares para os seus clientes

luns, 6 de abril do 2009 Raquel Noya

Coa chegada das primeiras vacacións do ano, as “operacións saída e chegada” da Dirección Xeral de Tráfico, fan suar a moitos condutores que temen ser “enganchados” polos radares de velocidade que hai espallados por todo o territorio nacional (tanto fixos como móbiles).
Estes radares, aínda que están listos para evitar que os condutores superen os límites establecidos en cada punto das estradas, son moitos os que os temen e que desexan saber onde están colocados para evitar a inesperada “foto”.
A firma de dispositivos GPS Mio Technology, para garantir a seguridade dos cidadáns e evitarlles a custosas multas por exceso de velocidade, vaille regalar aos seus clientes unha subscrición de un ano ao seu servizo de aviso de radares de control de velocidade pola compra de calquera dos seus dispositivos da gama gama Mio Moov 150, Mio Moov 200, Mio Moov 330, Mio Moov 370 e Mio Moov 560.
A iniciativa de Mio, que xa está dispoñible dende o pasado 30 de marzo, finalizará o vindeiro 30 de xuño e inclúe as estradas de España, Andorra e Portugal.
Asemade, como mostra do seu interese por mellorar o seu servizo de atención ao cliente de xeito local e resolver as dúbidas dos seus usuarios da mellor maneira posible, a firma vén de por en funcionamento dúas novas liñas de atención ao cliente. Para os clientes Mio con dispositivos da gama Moov, adquiridos despois do verán de 2008, o número de teléfono de atención é o 917 870 776. Por outra parte, para os usuarios de dispositivos Mio A201, A501, A701, C210, C220, C230, C250, C320, C510, C710, C520(t), C620(t), H610, P350, P550, P360, P560, 168, 268(+), 269(+), 336, 339, 558, 8390, 8870Moov, o número de teléfono de asistencia é o 807 075 001.
Por suposto, todos eles poden acudir á páxina web da compañía para resolver estas e outras cuestións.

PUBLICIDADE