Mininova convértese nun buscador de torrents legais

venres, 27 de novembro do 2009 Marcus Fernández

As autoridades xudiciais de distintos países están a colocar paus na roda das redes P2P, de xeito que servizos coma The Pirate Bay ven perigar o seu futuro, e agora tocoulle ao buscador de torrents Mininova ter que cambiar a súa política de uso para permitir só a carga de contidos de colaboradores autorizados para garantir a legalidade da súa rede de distribución en cumprimento dunha sentenza do Tribunal de Utrecht, de xeito que deixa de ser un dos referentes á hora de localizar as últimas series de televisión para a súa descarga a través de BitTorrent.
Este cambio supón practicamente a desaparición de Mininova, pois pasa de ser un buscador de BitTorrent a un catálogo de contidos accesibles de legalmente de balde, o que claramente non é o que busca a súa audiencia.