Minecraft para PlayStation 4 estará dispoñible en tendas

xoves, 18 de setembro do 2014 Marcus Fernández

A compra de Mojang por parte de Microsoft non está a mudar os plans da compañía a medio prazo para o seu xogo estrela, Minecraft, e a propia Sony está a confirmar que o vindeiro 3 de outubro porá á venda Minecraft: PlayStation 4 Edition en formato físico, de xeito que fará máis accesible este grande éxito que até o momento só podía adquirirse como descarga.
Dende Sony destacan que a potencial da PS4 permite que o xogo poida contar con mudos 36 veces máis grandes que a versión do xogo para PS3, permitindo tamén importar as partidas gardadas en PS3 en PS4, polo que son moitos os incentivos para que os usuarios máis enganchados ao xogo queiran dar o salto á nova xeración de consolas.

PUBLICIDADE