Milktape, a unidade USB con forma de casete

venres, 3 de xaneiro do 2014 Marcus Fernández

Os nostálxicos que gustaban de agasallar aos seus coñecidos cintas de música recompiladas por eles mesmos, escribindo na súa caixa os temas rexistrados e incluso adornando a cinta con adhesivos personalizados, poderán agora recuperar esta práctica dun xeito orixinal grazas a Milktape, un produto que está á venda por 15 dólares (ao cambio sae por 15,44 euros con gastos de envío incluídos) e que consiste nunha memoria USB de 128 Mbytes que vén integrada nunha carcasa de casete, incluíndo adhesivos e incluso unha portada para a súa personalización como nos vellos tempos.
Esta compañía non deixa a cousa aí, e tamén ten o servizo USBtape, co que permiten a creación de cintas personalizadas en grandes cantidades, pensando na súa entrega en actos promocionais ou celebracións, de xeito que pode entregarse unha unidade USB de 128 Mb, 256 Mb ou 1 Gb con forma de caseta aos asistentes a un evento. Neste caso os prezos parte de 8,50 dólares para 50 unidades, reducíndose ata 5 dólares cada unidade para pedidos de 1.000 cintas (a estes prezos habería que engadirlle distintas opcións de personalización que van dende a impresión das cintas ata a carga de contidos nas unidades de memoria).

Con Milktape podemos recuperar a práctica da casetes con recompilacións musicais


Vídeo promocional de Milktape

PUBLICIDADE