Might & Magic Heroes Online estréase vÃa web
martes, 30 de setembro do 2014
Ubisoft anuncia hoxe o lanzamento de Might & Magic Heroes
Online, un novo xogo de rol que chega directamente ao noso navegador
web baixo a fórmula do free-to-play,
permitindo asà que poidamos gozar deste tÃtulo en inglés, francés ou alemán,
sen precisar de instalar ningunha aplicación adicional no noso equipo
informático.
Este xogo leva meses en fase de proba, para asà desenvolver as súas prestacións
máis interesantes, como batallas de asedio, misións de sitio e areas PvP, mantendo os
elementos xogables propios dos tÃtulos da franquÃa de Might & Magic. Ao estarmos ante un xogo en liña poderemos
tirar proveito da formación de gremios e
de modos de xogo cooperativos, sen ter que sacrificar o elemento gráfico, xa
que este xogo consegue reproducir uns gráficos detallados grazas ao potencial
para tal fin que teñen os navegadores web modernos, cada vez máis aptos para
este tipo de desenvolvementos.
Este xogo chega nun bo momento, xa que Might
& Magic Heroes VII aÃnda está en desenvolvemento, e non se espera o seu
lanzamento até o ano que vén (nunha data aÃnda por determinar).
Trailer de lanzamento do novo RPG en liña