Microsoft vai comercializar mandos mellorados para a Xbox 360 en cores cromadas
martes, 3 de abril do 2012
Microsoft anunciou que o seu último mando de xogo sen fÃos
para a Xbox 360 (que conta cunha cruceta mellorada) vai
contar con versións cromadas, de xeito que a partir do vindeiro mes será
posible atopalos en cor prata, azul e vermello, dependendo a dispoñibilidade
dos distintos mercados, e estando o seu prezo nos EE.UU. fixado en 55 dólares,
mentres que en Europa
deberÃan custar 49,99 euros cada un, estando dispoñibles só por tempo
limitado e con unidades tamén limitadas.
É de agardar que estes mandos mellorados pasen a ser en breve os controis que
inclúan as futuras Xbox 360, aÃnda que polo momento continúan a venderse cos
controladores básicos. A mellora da
cruceta do mando consiste que, mediante unha rotación da mesma, pódese
modificar a súa altura, facendo que os dedos do xogador a perciban mellor, o
que resulta moi práctico para certos xogos como os de loita.
- A cor prata é unha das máis discretas na nova gama de mandos para Xbox 360
- O novo mando de edición limitada poderase adquirir tamén en cor vermella