Microsoft presenta en Australia unha funda para xogar á Xbox One
mércores, 24 de agosto do 2016
Este verán chegaron ao mercado as primeiras Xbox One S, e
para dalas a coñecer dende Microsoft lanzaron distintas campañas por todo o
mundo, sendo a más rechamante a que emprenderon en Australia, onde decidiron
acompañar á consola doméstica cun produto de vestir para os seus usuarios, o Xbox
Onesie, que vén a ser unha funda que en vez de empregarse para traballar e
protexer asà a roupa, estarÃa destinada para estomballarse no salón a botar
longas horas xogando coa Xbox One.
Este novo produto de Microsoft será de edición limitada e aÃnda non se detallou
como poderá adquirirse, pero vendo a expectación que está a crear non
sorprenderÃa que se comercialice a nivel mundial. Esta funda de videoxogador
conta cun par de petos dianteiros de grande tamaño para facilitar o transporte
do mando de Xbox One ou dun mando a distancia, tamén conta cun peto nun brazo
para gardar o teléfono móbil, as perneiras e as mangas poden axustarse para
adaptarse ás distintas temperaturas do ano, a súa capucha é grande dabondo para
que resulte cómoda incluso con auriculares postos e será posible personalizar a
prenda co bordado do gamertag do
usuario.
Creará tendencia Microsoft con estas fundas Xbox para o ámbito doméstico?
Levará isto a Sony a recuperar a súa tenda de roupa en liña de produtos co selo
de PlayStation? Volverá o PlayStation
onese de edición limitada a protagonizar unha promoción de Sony?
- A prenda ten petos para gardar o mando da consola
- O Xbox Onesie non esquece que queiramos ter o noso smartphone a man
- Non só para xogar, dende Microsoft Australia consideran que a súa nova funda tamén resulta confortable para ver series de televisión