Microsoft presenta 2 novos móbiles pensados para rapaces conectados
luns, 12 de abril do 2010
Esta
tarde Microsoft celebrou un evento para dar a coñecer 2 teléfonos móbiles,
confirmándose os
rumores e concretando o nome dos terminais ata o momento coñecidos
coma Turtle e Pure, que finalmente teñen por nome KIN ONE e KIN TWO, que
inicialmente serán comercializados por Verizon nos EE.UU. a partires do mes de
maio e chegando
a Europa da man de Vodafone no outono.
Microsoft KIN é unha aposta polos teléfonos móbiles orientados a un uso social
que tanto esixe a mocidade actual, e que nace do traballo de Danger, compañÃa
que desenvolveu o popular terminal T-Mobile Sidekick (tamén coñecido coma
Danger Hiptop) e que foi adquirida pola compañÃa de Redmond, de xeito que
deberiamos ver este anuncio coma unha medida de continuidade e non coma un
cambio estratéxico, posto que Microsoft continuará apostando pola plataforma
Windows Phone 7 (que converterase nunha realidade tanxible a finais de ano). A
fabricación estes móbiles faise en colaboración con Sharp.
O KIN ONE e o KIN TWO
son terminais telefónicos conectados á Internet para potenciar o seu uso
social, que en ambos casos presentan pantalla táctil, teclado deslizante,
Wi-Fi, Bluetooth e 3G, pero con distintos tamaños e prestacións. O KIN ONE un
tamaño moi compacto, o seu teclado estarÃa pensado para a escritura cunha man,
a súa pantalla (de 2,6 polgadas cunha resolución de 320 x 240 pÃxeles) manexarÃase de xeito
doado co dedo polgar, contará cunha capacidade interna de 4 Gb, altofalante
mono e cámara de 5 MpÃxeles con flash; mentres que o KIN TWO, co seu maior
tamaño, facilitarÃa a escritura con dúas mans, gozarÃa dunha pantalla de bo
tamaño (de 3,4 polgadas cunha resolución de 480 x 320 pÃxeles), 8 Gb de capacidade, altofalante
estéreo e cámara de 8 MpÃxeles con flash capaz de gravar vÃdeo a 720p.
O sistema operativo destes terminais está baseado no Zune, de xeito que, aparte
de permitir comunicarse con Facebook, MySpace e Twitter, tamén goza dunha
reprodución multimedia completa, con soporte para audio, vÃdeo, reprodución de
podcast e recepción de radio FM. Tamén soporta o acceso a música á carta
mediante subscrición (Zune Pass).
- O Kin Two pode utilizarse coas dúas mans
A relación destes novos terminais coas plataformas de redes sociais sostense
principalmente en 3 piares: KIN Spot, unha área á que arrastrar os contidos do
teléfono que queiramos compartir en redes sociais; KIN Loop, a páxina principal
dos terminais, na que figuran os contidos das nosas redes sociais ordenados
segundo prioridades moi atinadas (colocando antes aos nosos amigos reais que
aos amigos virtuais);e
KIN Studio, unha liña de tempo visual que recolle os nosos elementos
compartidos, no que poderiamos describir coma unha biografÃa do usuario.
Os contidos no móbil estarán cargándose constantemente á Rede, de xeito que a
capacidade de almacenamento interna dos terminais pasará a un segundo plano,
pois as fotografÃas e vÃdeos terán sempre un respaldo na Internet, de xeito que
estarán sempre dispoñibles tanto dende un ordenador coma dende o propio
terminal telefónico.
Cómpre destacar que este nosos terminais non deberÃan considerarse smartphones, pois non corren aplicacións
instalables polo usuario (aÃnda que gocen dun potente procesador nVIDIA Tegra,
que dótaos de grande fluidez), pero iso non será un atranco para o seu éxito
entre os mozos, por combinar as bondades do T-Mobile Sidekick e do Zune HD.