Microsoft poderÃa lanzar unha liña de smartphones baixo a marca Surface
luns, 17 de agosto do 2015
- Render no que se simula a aparencia do que poderÃa ser un smartphone Surface
Espérase que coa chegada de Windows 10 aos smartphones no
outono cheguen tamén novos smartphones insignia de Microsoft, que serÃan o
primeiro paso nunha nova xeración de teléfonos á que posteriormente poderÃa
seguir un dispositivo coñecido polo nome chave Project Juggernaut Alpha (tamén
coñecido como Surface phone) do que veñen
de filtrarse as que serÃan as súas especificacións, e resultan moi
prometedoras.
O novo smartphone con Windows 10 que chegarÃa ao mercado a finais do presente
ano ou a inicios de 2016 funcionarÃa cun procesador Intel SoFIA (aÃnda en
desenvolvemento) que achegarÃa unhas prestacións inéditas nun dispositivo deste
tipo. Estariamos ante un teléfono cunha pantalla AMOLED de 5,5 polgadas cunha
resolución de 2.560 x 1.440 pÃxeles, 3/4 GB de RAM, 64/128 GB de almacenamento
interno (ampliable mediante tarxetas microSD de até 256 GB), cámaras de 21 e 8 MpÃxeles, Surface Pen (stylus semellante ao do Samsung Galaxy
Note 5), porto USB-C, carga sen fÃos e carcasa unibody de aluminio e magnesio. Teriamos asà un dispositivo cunhas
prestacións máis propias dun ordenador portátil, pero coa forma dun smartphone,
e que iniciarÃa unha gama de teléfonos coa marca Surface, que distinguirÃase asÃ
dos Lumia.
De todos os xeitos, hai certas dúbidas sobre a verosimilitude da filtración, xa
que as especificacións indicadas serÃan bastante superiores sobre as que
realmente soportarÃan os novos procesadores de Intel, de xeito que a nova xeración
de teléfonos de Microsoft continúa a ser unha grande incógnita.