Microsoft permitirá acceder de xeito doado ás fotografÃas que teñamos no móbil
mércores, 1 de agosto do 2018
A
versión preliminar da vindeira grande actualización de Windows 10 incorpora
unha interesante novidade, que semella un xeito de ir máis aló da aplicación
Photos Companion estreada en febreiro, ao facilitar o acceso ás fotografÃas
do noso smartphone dende o PC dun xeito natural, no que incluso poderemos
arrastrar e soltar as nosas instantáneas a documentos ofimáticos.
Nas vindeiras semanas distribuirán a aplicación Your Phone para Android 7.0, que unha vez configurada no teléfono
permitirá que os usuarios conten no seu ordenador cun atallo para acceder aos
contidos do teléfono.
Esta novidade está englobada dentro de toda unha serie de funcionalidades que
Microsoft está a desenvolver para facilitar a conexión entre o teléfono e o ordenador,
de xeito que os usuarios poderán acceder a mensaxes de texto, fotografÃas e
notificacións do móbil cando están diante do escritorio informático, asà como
doutros funcións que teñen especial interese para usuarios corporativos, xa que
facilitarán a mellora da súa produtividade.