Microsoft inicia a venda de cascos de realidade mixta para desenvolvedores
martes, 1 de agosto do 2017
Dende
Microsoft prometeron que este ano porÃan á venda cascos de realidade mixta a
prezos relativamente asumibles a través dos seus partners, e as primeiras unidades dirixidas a desenvolvedores
norteamericanos por fin saÃron á venda, de xeito que xa é posible facerse
coa casco de realidade mixta de Acer por 299 dólares, mentres que o
máis completo casco de HP ten un prezo de 329 dólares (e xa se atopa
esgotado).
En ambos cascos falamos dun produto que está baseado nun par de pantallas de
1.440 x 1.440 pÃxeles cun tamaño de 2,89 polgadas (unha para cada ollo)
achegando un campo de visión de 95 graos e cunha velocidade de refresco de 90
Hz, de xeito que serÃa dabondo para poder gozar de realidade virtual, realidade
aumentada e realidade mixta. O sistema tamén conta con tomas para micrófono e
auriculares, comunÃcase co PC por HDMI 2.0 e USB 3.0 e aÃnda que o seu prezo é
bastante axustado, cómpre advertir que na súa condición actual (produtos
destinados ao desenvolvemento de aplicacións e xogos) precisan dun equipo
informático dunhas prestacións moi elevadas.
Entre as recomendacións para gozar destes cascos estarÃan o contar cun
procesador de escritorio Intel Core i7 dun mÃnimo de 6 núcleos, 16 GB de RAM,
máis de 10 GB de disco libre, gráfica nVIDIA GTX 980/1060 ou unha AMD Radeon RX
480 con 8 GB de memoria e incluso tomas USB capaz de entregar un mÃnimo de 900
mA. Non falamos asà de ordenadores precisamente económicos (só as gráficas xa
estarÃan no contorno dos 400 euros), pero espérase que cando esteamos ante os
produtos orientados ao público final as esixencias de hardware sexan moito máis
contidas.