Microsoft estrea pulseira deportiva e plataforma para rexistrar a nosa actividade fÃsica
xoves, 30 de outubro do 2014
Levamos meses escoitando falar da posibilidade de que
Microsoft lanzase ao mercado un smartwatch,
rumor que foi transformando o produto nunha pulseira de actividade avanzada que
finalmente
ve a luz para acompañar ao lanzamento da plataforma Microsoft Health, coa
que a compañÃa de Redmond quere facer doado realizar un seguimento da nosa
actividade diaria e da práctica deportiva.
Microsoft Health
rexistra datos sobre pasos, calorÃas, ritmo cardÃaco e outros datos rexistrados
por distintos dispositivos e servizos de actividade fÃsica que neste momento xa
é compatible con UP by Jawbone, MapMyFitness, MyFitnessPal e RunKeeper, e que
continuará ampliando a lista de servizos e trebellos compatible no futuro.
- A aplicación móbiles de Microsoft Health está dispoñible para iOS, Android e Wndows Phone
Neste momento Microsoft Health xa conta coa súa aplicación
oficial para iPhone, para
Andorid, para
Windows Phone e incluso para
OS X, deixando claro que Microsoft quere chegar ao meirande número de
usuarios posible con esta plataforma que non están pensada só para deportistas,
senón que tamén busca ser de utilidade para o dÃa a dÃa de persoas menos
activas (servindo tamén como incentivo para incrementar a actividade fÃsica).
A información recollida mediante este servizo pode axudar a saber os exercicios
que consumen máis calorÃas durante os nosos adestramentos, suxire tempos de
recuperación baseados na intensidade dos adestramentos, mide os tempos de
descanso efectivo durante o sono, permite coñecer a relación entre o noso desempeño
fÃsico e o horario laboral, axuda a coñecer os almorzos que nos axudan a correr
máis rápido ou incluso facilÃtanos saber o impacto do traballo no descanso
nocturno.
Para apoiar o lanzamento desta plataforma preséntase hoxe tamén a Microsoft Band, a
agardada pulseira conectada de Microsoft, que está pensada para levar todo o
dÃa, e que mediante 10 sensores rexistra o ritmo cardÃaco, as calorÃas
queimadas, a calidade do soño e outros valores, servindo tamén como monitor de
notificacións, de xeito que avisa de chamadas de teléfono, correos
electrónicos, mensaxes de texto e actualizacións das nosas redes sociais,
permitindo tamén acceder ao asistente de voz Cortana se contamos cun smartphone
con Windows Phone (aÃnda que cómpre destacar que o trebello tamén é compatible
con iOS e Android). Este produto sae
inicialmente nos EE.UU. a un prezo de 199,99 dólares (158,88 euros) en tres
tamaños.
- Os usuarios de Windows Phone poden empregar a Microsoft Band para comunicarse con Cortana
Entre as prestacións da Microsoft Band podemos comentar tamén que conta con GPS
integrado (para poder rexistrar os nosos percorridos sen ter que cargar co noso
smartphone), inclúe monitor de raios ultravioleta (para axudarnos a saber se
temos que botar máis protector solar), a súa pantalla capacitiva de 1,4
polgadas ten unha resolución de 320 x 106 pÃxeles e un brillo considerable
(para facilitar a súa lectura en exteriores), a súa baterÃa pode cargarse en
menos de hora e media e dura 48 horas cun uso normal, comunÃcase co móbil a
través de Bluetooth 4.0 (co perfil de baixo consumo), e resistente á auga e ao
po e para recargar a súa baterÃa conta cun conector magnético.
VÃdeo promocional da Microsoft Band