Microsoft está a somerxer servidores en líquido para refrixeralos

mércores, 7 de abril do 2021 Marcus Fernández

Microsoft está a probar unha interesante tecnoloxía de refrixeración para os seus centros de procesamento de datos, que en vez de arrefriar os sistemas mediante aire, somerxe directamente o equipamento electrónico nun líquido dieléctrico que ferve a 50 graos centígrados, proceso que expulsa a calor dos servidores, permitindo así que funcionen a pleno rendemento sen quecer demasiado.
Este sistema de recolle o vapor que sae do tanque líquido e convérteo de novo en líquido para reintroducilo nos servidores somerxidos, creando así un bucle pechado de refrixeración.
Esta tecnoloxía busca atender as actuais demandas de refrixeración, para as que o arrefriamento por aire non é actualmente dabondo, de aí que estea a experimentar con solucións como esta, que permiten continuar a mellorar a potencia dos servidores e incluso supoñen unha redución do consumo enerxético entre un 5% e un 15%.

Microsoft está a probar a instalar servidores nun tanque inundado dun líquido dieléctrico cun punto de ebulición baixo

PUBLICIDADE