Microsoft anuncia un novo smartphone económico
mércores, 23 de xullo do 2014
Microsoft quere facilitar que o Windows Phone 8.1 estea ao
alcance de cada vez un maior público, polo que hoxe presenta o seu novo terminal
Lumia 530,
que consegue achegar unha boa experiencia de uso a un prezo moi asumible. O
Lumia 530 funciona cun procesador Qualcomm Snapdragon 200 de catro núcleos a
1,2 GHz, 512 Mb de RAM, 4 Gb de almacenamento interno ampliable mediante
tarxetas microSD de até 128 Gb, cámara traseira de 5 MpÃxeles, pantalla de 4
polgadas cunha resolución de 854 x 480 pÃxeles, Wi-Fi N, Bluetooth 4.0, baterÃa
de 1.430 mAh, un grosor de 11,7 milÃmetros e un peso de 129 gramos, que chegará
ás tendas con carcasas de 4 cores distintas (verde, laranxa, branco e negro) e
con modelos para 1 ou 2 tarxetas
micro SIM en función do mercado no que se comercialice o terminal.
O seu prezo libre será de 85 euros antes de impostos e subvencións (polo que
serÃa doado atopalo por menos de 100 euros) e comezará a venderse no mes de
agosto como unha alternativa bastante axeitada aos smartphones con Android de
gama baixa, pero coa vantaxe de ofrecer unha experiencia de uso que na meirande
parte dos casos resulta moito máis fluÃda, á vez que aproveita o utilizar
tecnoloxÃa de Microsoft (o que permite acceder de balde a documentos de Office
en mobilidade e gozar de 15 Gb de almacenamento de balde en OneDrive.
The Bang by Coloud
Paralelamente tamén dan a coñecer un excelente compañeiro para o Lumia 530 e outros móbiles de colores rechamantes, como é o novo altofalante de pequenas dimensións Bang, que pode conectarse á toma de auriculares de calquera móbil e integra unha baterÃa recargable de 680 mAh cunha autonomÃa de até 8 horas. Mide só 75 x 51 milÃmetros, pesa 96 gramos, o seu cable ten unha lonxitude de 17 centÃmetros e destaca especialmente por chegar ao mercado en poucas semanas con carcasas en verde, laranxa e negro a un prezo de só 19 euros.
VÃdeo de presentación dos novos Lumia 530