Microsoft anuncia o seu teléfono máis económico con acceso á Internet
luns, 5 de xaneiro do 2015
A división de dispositivos de Microsoft anunciou
hoxe un novo teléfono básico baixo a marca Nokia, que busca achegar voz e
conexión á Rede a mercados emerxentes a un prezo moi asumible, xa que o Nokia
215 chegará ao mercado en modelos para unha ou dúas tarxetas SIM
a un prezo de referencia de 29 dólares (antes de impostos).
Este novo teléfono porase á venda este mes con carcasas en verde, negro ou
branco, e vén a ser un terminal tradicional con teclado numérico e pantalla de
2,4 polgadas cunha resolución de 320 x 240 pÃxeles, GSM (a súa velocidade de
descarga máxima serÃa de 236,8 Kbps), cámara de 0,3 MpÃxeles con gravación de
vÃdeo, Bluetooth 3.0, lector de tarxetas microSD de até 32 Gb, radio FM,
conector para auriculares, lanterna LED, e unha baterÃa de 1.100 mAh que
promete até 29 dÃas en espera e 20 horas de conversa. O seu grosor é de 12,9
milÃmetros e o seu peso de 78,6 gramos.
Estamos ante o teléfono de Nokia máis económico con acceso á Rede pois, aÃnda
que carece de Wi-Fi ou 3G, si integra o navegador web Opera Mini, buscas en
Bing, información meteorolóxica de MSN, Facebook, Messenger e Twitter.
Loxicamente non consegue unha experiencia propia dun smartphone, principalmente
pola reducida velocidade de acceso á Rede, pero pode ser unha excelente
solución para certos mercados que carecen de boas infraestruturas e onde unha
boa autonomÃa resulta crucial.
VÃdeo de presentación do Nokia 215