Microsoft acelera a era dos axentes de IA con novas ferramentas
luns, 19 de maio do 2025
Microsoft anunciou no seu evento anual Build unha baterÃa de novidades que marcan o inicio dunha nova etapa na evolución da intelixencia artificial: a era dos axentes de IA. A compañÃa de Redmond salientou os avances en razoamento, memoria e automatización que permiten aos modelos asumir tarefas cada vez máis complexas, tanto no ámbito do desenvolvemento de software como no empresarial e cientÃfico.
A través de plataformas como GitHub, Azure AI Foundry ou Microsoft 365 Copilot, Microsoft busca consolidar unha rede aberta de axentes intelixentes capaces de tomar decisións e realizar tarefas en nome de persoas ou organizacións. Esta nova visión, que denomina rede axéntica, promete transformar a maneira na que os usuarios interactúan coa tecnoloxÃa.
Un dos anuncios máis destacados foi a evolución de GitHub Copilot, que pasa de ser un asistente no editor a converterse nun compañeiro de programación cun comportamento axéntico. Engádense funcións como a xestión de prompts, avaliacións integradas e controis para empresas. Ademais, Copilot Chat publicarase como código aberto en Visual Studio Code, integrando as capacidades de IA no repositorio de desenvolvemento máis usado do mundo e reafirmando o compromiso cun ecosistema de software aberto, colaborativo e potenciado por intelixencia artificial.
Windows tamén incorpora avances con AI Foundry, unha plataforma que permite executar e personalizar modelos de linguaxe e visión artificial localmente ou na nube. Esta ferramenta ofrece aos desenvolvedores un entorno unificado para todo o ciclo de vida da IA, desde o adestramento ata a inferencia.
Azure AI Foundry consolÃdase como eixo central da proposta de IA para empresas. Inclúe máis de 1.900 modelos de Microsoft e socios como xAI, con ferramentas novas como Model Leaderboard, que clasifica os modelos segundo o seu rendemento, e Model Router, que selecciona en tempo real o máis axeitado segundo cada tarefa.
No ámbito da seguridade, Microsoft presenta Entra Agent ID, que asigna identidades únicas aos axentes creados en Copilot Studio ou Azure AI Foundry, facilitando unha xestión segura desde o principio. Esta medida, unida á integración con Microsoft Purview, garante unha protección e cumprimento normativo máis rigoroso.
As empresas tamén poderán crear axentes personalizados con Copilot Tuning, utilizando os seus propios datos e fluxos de traballo. A nova función de orquestración multi-axente permite que distintos axentes colaboren entre si para resolver tarefas máis complexas.
No plano técnico, Microsoft reforza o soporte ao protocolo Model Context Protocol (MCP), adoptado en plataformas como GitHub, Dynamics 365, Semantic Kernel ou Windows. NLWeb, un novo proxecto aberto, pretende funcionar como o HTML da web axéntica, permitindo a integración de interfaces conversacionais nos sitios web e facilitando a súa accesibilidade para os axentes de IA.
No ámbito cientÃfico, Microsoft presentou a plataforma Microsoft Discovery, destinada a acelerar os procesos de investigación e desenvolvemento mediante o uso da IA axéntica, cun potencial especialmente alto en áreas como a sustentabilidade ou o deseño de novos tratamentos farmacéuticos.
Con estas novidades, Microsoft reafirma a súa aposta por un futuro construÃdo sobre unha base aberta, colaborativa, interoperable e segura, no que os axentes de IA teñan un papel protagonista na transformación tecnolóxica global.