Micromax pon á venda na India un potente smartphone por só 13.990 rupias
mércores, 13 de febreiro do 2013
Os
fabricantes asiáticos de smartphones cada vez acadan unha maior relevancia, en
boa medida por saber combinar boas prestacións con un prezo axustado, e ao
habitual dominio chinés parece quererse sumar a India. Como exemplo desta
tendencia temos agora a Micromax, fabricante que pon hoxe á venda o seu smartphone A116
Canvas HD, que por
só 13.990 rupias (uns 193 euros) ofrece un dispositivo con pantalla IPS de
5 polgadas cunha resolución de 1.280 x 720 pÃxeles, procesador Cortex A7 MT6589
de catro núcleos a 1,2 GHz, 1 Gb de RAM, 4 Gb de memoria
interna (ampliable mediante tarxetas de ata 32 Gb), cámara traseira de 8
MpÃxeles con flash LED e frontal de 2 MpÃxeles, Bluetooth 4.0, Wi-Fi, USB 2.0, baterÃa
de 2.000 mAh, sistema operativo Android 4.1.2, 10,7 milÃmetros de grosor e 156
gramos de peso. Todo un alarde de potencia para un smartphone de tal prezo, que
para rematar de completar a ecuación soporta dúas tarxetas SIM simultáneas.
AÃnda que inicialmente non se espera a comercialización global deste móbil (de
feito, xa se esgotaron as unidades postas á venda inicialmente), Micromax ten
negocios en numerosos territorios(principalmente Asia, Oriente Próximo e
Brasil) polo que non serÃa de sorprender que chegase a exportarse nuns meses.