Metal Gear celebra os seus 25 anos con moitas novidades

xoves, 30 de agosto do 2012 Marcus Fernández

JPEG - 73.1 KB
Hoxe anunciaron un novo xogo de Metal Gear para PS3 e Xbox 360

A cidade de Tokío acolleu hoxe un evento organizado para celebrar que xa pasaron 25 anos dende o lanzamento do xogo Metal Gear para MSX2, que daría lugar a unha franquía que se consolidaría coa saga Metal Gear Solid que en 1998 principiou na PlayStation e que hoxe aínda continúa moi viva, como demostrouse ao anunciar unha nova entrega, que finalmente non será Metal Gear Solid 5, senón Metal Gear: Ground Zeroes, que será unha precuela protagonizada por Big Boss ambientada nun contorno de mundo aberto con mecánicas de sixilo (marca da casa) e que funcionará co motor gráfico Fox Engine en PS3 e Xbox 360.
<em>Metal Gear Solid: Social Ops</em> será un título para Android e iOS que inicialmente sairá só no XapónPero non será o único xogo no que están a traballar ao redor desta marca, senón que tamén confirmaron que estaban a traballar nun título para a vindeira xeración de consolas e anunciaron que na xaponesa rede móbil de xogos GREE van poder gozar de Metal Gear Solid Social Ops, desenvolvido con Unity e que poderase ver o mes que vén durante o Tokyo Game Show. Este título funcionará en dispositivos tanto con Android como con iOS.
Pero a celebración do 25º aniversario de Metal Gear non se limitou a anunciar xogos, senón que tamén presentouse numerosa mercadotecnia baseada na marca (incluíndo roupa e figuras de acción) e deuse a coñecer que Columbia Pictures e Avi Arad (dos Marvel Studios) están a traballar nunha adaptación ao cine de Metal Gear, asegurando Arad que o filme será fiel aos videoxogos.

JPEG - 107.3 KB
O creador de Metal Gear, Hideo Kojima, xunto a Avi Arad, anunciando que a súa saga de videoxogos adaptarase á pantalla grande
JPEG - 167.7 KB
Imaxes do xogo de Metal Gear para móbiles

PUBLICIDADE