Metal Gear Solid: Rising contará cun novo motor gráfico
luns, 15 de xuño do 2009
A saga de Metal Gear Solid leva tempo agardando
chegar á Xbox 360, de xeito que era a exclusividade máis desexada das que tiña
Sony ata o momento, e finalmente Metal
Gear Solid: Rising cumprirá cos desexos de Microsoft e os usuarios da súa
consola de videoxogos, e pouco a pouco imos
coñecendo detalles deste novo tÃtulo, como que estará máis enfocado á
acción en terceira persoa que á infiltración (buscando chegar a un público máis
amplo, o que conseguiron sagas coma Resident
Evil ao cambiar lixeiramente de xénero) e que contará cun novo motor
gráfico capaz de superar ao Metal Gear
Solid 4: Guns of Patriots para PlayStation 3, que funcionará tanto en Xbox
360 como en PS3 e PC (desbotando as bravatas de Sony ao afirmar que a Xbox 360
non era capaz de chegar ao nivel gráfico do MGS
4).
Tamén se explica un pouco o Rising do
tÃtulo do xogo, que poderÃa indicar tanto o avance da saga coma o nome do
protagonista do tÃtulo, que será o ninja cibernético Raiden (nunha especie de
referencia ao deus do lóstrego na mitoloxÃa sintoista, Raijin).