Metal Gear Solid 4 dominou as vendas de videoxogos españolas en xuño

luns, 21 de xullo do 2008 Marcus Fernández

JPEG - 163.9 KB
A derradeira aventura de Solid Snake conseguiu liderar as vendas no mes de xuño

ADeSe publicou o datos de vendas de videoxogos en España durante o pasado mes de xuño e se confirman as fortes vendas de Metal Gear Solid 4: Guns of the Patriots para PlayStation3, que é o título máis vendido, seguido por Wii Play e Super Smash Bros Brawl para a consola doméstica de Nintendo, Dragon Ball Z: Burst Limit para PS3, Mario Kart poara Wii e GTA IV para PS3.
Sorprende moito que nos postos 7 e 10 de vendas están 2 títulos para PS2 (PES 2008 e LEGO Indiana Jones) polo que por primeira vez en moito tempo Sony empataría con Nintendo en títulos colocados no Top 10 de vendas en España.
En xuño, nin o PC, a Xbox 360 ou a PSP conseguiron introducir ningún título entre os 10 máis vendidos, dando a impresión de que non son as distintas xeracións de consolas as que definen as vendas, senón os xogos dispoñibles.

PUBLICIDADE