Metal Gear Solid 3: Snake Eater 3D chegará ás tendas o 8 de marzo

martes, 10 de xaneiro do 2012 Marcus Fernández

Tras unha longa espera, xa temos data de lanzamento para Europa do xogo Metal Gear Solid: Snake Eater 3D, que levará o popular xogo de Solid Snake para PlayStation 2 á pantalla 3D da Nintendo 3DS o vindeiro 8 de marzo, confirmando Komani que o xogo será compatible co accesorio coñecido como Botón Deslizante Pro ou Circle Pad Pro (que comezará a venderse este mesmo mes xunto co xogo Resident Evil: Revelations).
Esta aventura de Kojima Productions está ambientada nos anos 60, nunha misión de infiltración na selva rusa co obxectivo de liberar a un científico capturado, atopando no camiño a vellos coñecidos e dando lugar a un xiro dramático no que Snake deberá confrontarse a unha figura chave do seu pasado. Coa súa conversión para a Nintendo 3DS este título mellora a súa inmersión grazas á pantalla 3D da consola, aínda que tamén tirará proveito do xiroscopio da consola para accións especiais que contribuirán a somerxer ao usuario no xogo.

PUBLICIDADE