Metal Gear Rising: Revengeance terá unha PS3 de seu

martes, 4 de decembro do 2012 Marcus Fernández

O xogo Metal Gear Rising: Revengeance chegará ás tendas europeas o 19 de febreiro, pero pode que non só goce de varias edicións especiais que incluirían figuras de acción e outros obxectos para coleccionistas, senón que tamén podería adquirirse nun lote que xa pode reservarse no Xapón e que por 31.960 iens (298,10 euros) inclúe unha consola PlayStation 3 cun disco duro de 250 Gb e un deseño personalizado, un mando DualShock 3 tamén adaptado á imaxe do xogo, un código de descarga para un fondo de escritorio exclusivo, un código de descarga para un traxe para o protagonista do xogo e unha copia de Metal Gear Rising: Revengeance.
Esta edición limitada está confirmada para o mercado xaponés, pero en vista da cantidade de edicións que o novo Metal Gear está a ter en todo o mundo, e o éxito que teñen as edicións de consolas de cores distintas á habitual, é de gardar que tamén podamos ver este lote á venda en Europa.


Así é Metal Gear Rising: Revengeance en acción

PUBLICIDADE