Meta tende pontes coa lusofonÃa
xoves, 9 de outubro do 2025
Meta quere que os Reels cheguen a todo o mundo, independentemente do idioma no que foran gravados, polo que está a ampliar as súas ferramentas de tradución con Meta AI, que permiten ver e escoitar contidos traducidos mantendo a voz orixinal dos creadores.
Tras introducir en agosto a tradución bidireccional entre inglés e español, a tecnolóxica engade agora o hindi e o portugués, co obxectivo de continuar ampliando idiomas nos vindeiros meses. Esta función contribúe a facer o contido máis accesible, e neste caso en concreto axuda especialmente para que as plataformas Facebook e Instagram tendan pontes coa lusofonÃa, que ten asà máis doado relacionarse con usuarios e creadores que falen español, inglés e hindi.
Moitos creadores desexan chegar a públicos internacionais, e grazas a Meta AI, poden traducir e dobrar os seus Reels mantendo o ton e a personalidade das súas voces. Ademais, poden activar unha opción de sincronización labial que axusta o movemento da boca á nova lingua, o que ofrece unha experiencia máis natural.
A tradución con Meta AI é de balde e está dispoñible para creadores con máis de mil seguidores en Facebook e para todas as contas públicas de Instagram nos paÃses onde a ferramenta funciona.
Cada vÃdeo traducido inclúe a etiqueta Traducido con Meta AI, e o usuario pode configurar a súa experiencia escollendo se quere ver os Reels traducidos ou no seu idioma orixinal, dende o menú de axustes de idioma e son.
